Site icon Crónica3.com A Mariña

Catro ouros e dúas pratas para o Egovarros no campionato galego de maratón de veteranos

O domingo 27 de abril celebrouse na cidade de A Coruña o Campionato Galego de Maratón, nun circuíto bastante chan no que o máis grande impedimento foi o vento que tiveron que soportar todos os atletas nas tres voltas que tiveron que realizar para completar o percorrido de 42 km e 195 metros.

O Campionato Galego tivo unha nutrida participación de atletas de tódolos puntos da comunidade. O C.D. Egovarros-Viveiro estivo representado por 10 atletas, no que cabe destacar no apartado femenino as medallas de ouro acadadas por: Manuela Guisasola en F-50 cun tempo de 3:47:31, e a súa compañeira Isabel Brea en F-60 cun tempo de 4:25:15; no apartado masculino mención especial para Emilio Martínez Anta que acadou o posto 13 da clasificación xeral, sendo primeiro na súa categoría de M-50 cun tempo de 2:44:12; na categoría de M-55, Emilio Toral fíxose co campionato galego cun tempo de 3:40:06, en M-55 o seu compañeiro Francisco Barrientos foi subcampeón cun tempo de 4:19:33 e en M-60 Eliseo López foi subcampeón galego cun tempo de 4:26:39.

Destacar tamén a carreira feita polo atleta Ricardo Álvarez, que a falta de 10 km para a meta tivo que abandoar a proba cando iba cuarto da clasificación xeral e primeiro da súa categoría.

O próximo campionato que disputarán será o galego de pista ó aire libre o día 1 de xuño en Ferrol.

Exit mobile version