Site icon Crónica3.com A Mariña

Chao de Castro Altair recibe a primavera na Mariña cun campamento

O grupo de educación nos tempos libres de Burela, Chao de Castro-Altair, organiza un campamento os dias 11, 12, 13, 14 e 15 de abril, en Vilela (Ribadeo).

As persoas responsables deste actividade son os cinco monitores e monitoras cos que conta a asociación en Burela. Educadoras e educadores cunha ampla formación e unha dilatada experiencia na organización de campamentos e actividades de ocio para xoves, nenas e nenos (o grupo burelao promove catro campamentos ao ano desde que comezou a súa andadura alá polo ano 2011).

Entre as actividades a realizar baixo o coidado e protección das e dos monitores destacan os xogos cooperativos, grupais, de estratexia, de descuberta, de confianza; xogos de pistas ou de rol, todos eles ambientados nun entorno privilexiado, como é o de Vilela, e en plena natureza. Escoita de animais, rastrexo, recoñecemento de pegadas, observación astronómica, música, teatro, veladas nocturnas, etc. As dormidas están programadas no albergue de Vilela.

O custe da actividade é de 50 € para socios e 75 € para non socios. Ademais establécese un 2×1 para irmáns e irmás. Os interesados poden dirixirse ó local da asociación na rúa do Río número 10 calquera sábado á tarde ou contactar no teléfono 685 32 51 53 ou a través do correo chaodecastro.altair.burela@gmail.com.

E o domingo 6 de abril ás 19.00 horas celebrarase unha reunión con todas as familias interesadas no local da asociación.

Exit mobile version