Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla de GAIA sobre a auga

charla-augaEste martes as monitoras de Gaia do Concello de Burela celebraron o día da auga cos alumnos de 5º de Primaria do CEIP Vista Alegre. Os rapaces fixeron dúas actividades ben diferenciadas: “a primeira consistiu nunha charla sobre a importancia da auga, cómo chega esta aos nosos fogares e que medidas podemos adoptar para non malgastala e a segunda actividade foi a realización de pequenos experimentos que tiñan como base a auga”, segundo explican as monitoras de Gaia.

Exit mobile version