Site icon Crónica3.com A Mariña

Cultura oriental nas filas laranxas

shunya-bfs-14-1O CD Burela FS Pescados Rubén recibiu o luns a Shunya Kamifukumoto, xogador xaponés, que recalou na Mariña para adestrar co equipo de Primeira División LNFS e aprender sobre a cultura española do fútbol sala e a dinámica de traballo da estrutura laranxa.

Shunya Kamifukumoto, ala-pivote de 27 anos que ostenta o brazalete de capitán do Fuchu Athletic da F. Ligue, liga nacional xaponesa, coñeceu onte en Vista Alegre os seus novos compañeiros e xa compartiu unha dobre sesión. Ao longo dun mes, o xogador convivirá co cadro burelista no día a día da preparación da escuadra de Juanlu.

*Foto: Héctor Manasé.

Exit mobile version