Site icon Crónica3.com A Mariña

Curso da UNED sobre ofimática para pemes en Foz

A aula da UNED de Foz acolle un curso de ofimática para a peme sobre o uso das follas de cálculo entre o luns 21 e o venres 28 de abril en horario de tarde (de 16.00 a 21.00 horas). Son un total de 25 horas lectivas das que o alumno ou alumna deberá tomar parte, cando menos, do 80% para obter un crédito ETCS. Juan José Torre Barbeito será o ponente do curso que recolle no seu programa a recollida de datos, a súa manipulación, operacións con rangos, fórmulas e cálculos, funcións, gráficos e presentacións. O prezo da matrícula é de 35 euros, 30 para os alumnos e alumnas da UNED e desempregados e 25 para as persoas con algunha discapacidade. Os interesados poden obter máis información no teléfono 982.133.699 ou a través do enderezo: foz@lugo.uned.es.

Exit mobile version