Site icon Crónica3.com A Mariña

De ruta por Avilés con visita ó Museo da Mina incluída

sendeiros-avilesOs Sendeiros, de Foz, realizaron este domingo 13 de abril unha visita a terras asturianas. Foi para percorrer a fermosa ruta de 18 quilómetros pola senda verde da auga entre Molleda (Avilés) e Carcedo. Os 29 sendeiristas participantes contaron cun bo día para camiñar. Despois do xantar remataron a tarde cunha visita o Museo da Mina da localidade de Arnao antes de volver a Foz.

Exit mobile version