Site icon Crónica3.com A Mariña

Desfeitos no Teatro Pastor Díaz

galileoA comedia urbana para adultos escrita pola autora arxentina Febe Chaves, dirixida por Pedro Rubín e protagonizada por Fernando Morán, Ana Santos e Xosé López Baño “Tanas” chega a Viveiro. A acción sitúase nun baño público de homes, no que conflúen tres individuos, dous homes e unha muller. Tres seres que entablan unha singular amizade nese singular espacio.Todos teñen unha historia oculta que vaise desvelando a través da obra. Utilizan un lugar nada convencional e moito menos acolledor, para facer catarse e atopar que os escoiten, intentando comunicarse deixando caer as súas máscaras sociais pouco a pouco. Humor, suspense e moitas ganas de amor, nunha obra para reflexionar sobre os vínculos humanos e a amizade baixo o título “Desfeitos” o sábado 26 de abril no Teatro Pastor Díaz a partir das 20.30 horas.

Exit mobile version