
Un grupo duns doce nenos e nenas participaron este mércores nunha actividade, desenvolvida na Biblioteca Pública Municipal de Barreiros, para conmemorar o día internacional do libro infantil e xuvenil. Os rapaces foron agasallados con libros e durante unha hora asistiron moi atentos á cita, na que lles explicaron as partes das que se compón un libro.