Site icon Crónica3.com A Mariña

Día Internacional do libro infantil na Librería Bahía

O 2 de abril celébrase en todo mundo o Día Internacional do libro infantil coincidindo co aniversario do escritor danés Hans Christian Andersen. Con este gallo a Librería Bahía de Foz xunto co Club de Lectura Infantil da Asociación A Pomba do Arco, organiza unha sesión de contacontos. Vai ser na Librería Bahía, o mércores 2 de abril ás seis da tarde. E unha actividade aberta e gratuita para nenas e nenos a partir dos 3 anos. Ademais durante todo o día os libros infantís terán un desconto do 5% na librería e ao final da xornada sortearase un regalo entre todos aqueles que mercaron durante o día un libro infantil.

Exit mobile version