Site icon Crónica3.com A Mariña

Emigrantes Retornados da Mariña aseguran que “Facenda tenta emendar os seus erros sen recoñecelo publicamente”

A Mariña, 13 de marzo de 2014. Dende o Colectivo de Emigrantes Retornados da Mariña, consideramos a aparición de avisos nos borradores da declaración da Renda 2013, o recoñecemento encuberto dunha das nosas demandas, a falta de información desde a administración. Dito isto, pensamos que por iso se debencontemplar e resolver as demandas principais do Colectivo:

-Derogamento da famosa lei de dous pagadores e suspensión das sancións e dos intereses de demora que se lle están a aplicar aos emigrantes retornados. Entendemos que esa información chega con varios anos de retraso, e lembrámoslle á Admnistraciónque sería de xustiza unha rectificación publica do ministro Montoro.

Advertimos tamén ao Goberno do Estado que non imos recuar nas nosas demandas e se estas non se ven satisfeitas a loita seguirá, non só activa, senón que se verá fortalecida con novas estratexias e medidas de presión, xa nas próximas datas, co gallo da campaña da renda do ano 2013. Actos dos que se dará conta no seu momento.

Do mesmo xeito, seguimos facendo un chamamento a todos os galegos e galegas para que apoien a nosa causa, pois esta lei -a cal choca frontalmente co espírito de progesividade dos impostos- non só afecta aos emigrantes con pensións do estranxeiro senón a todas as persoas que teñan dous pagadores durante o exercicio, feito moi frecuente, tal e como está a situación económica do Pais.

Aproveitamos tamén para agradecer o apoio a todos aqueles que marchan connosco nesta loita.

Exit mobile version