Site icon Crónica3.com A Mariña

Emocionante final comarcal en fútbol sala escolar

As categorías de base do CD Burela FS Pescados Rubén viviron unha emocionante final comarcal de Deporte Escolar durante a fin de semana. O Infantil A conseguiu superar as semfinais fronte á EDM Barreiros (7-1), aínda que na gran final bateu con Lourenzá-Mondoñedo (3-0), que xa desbancara o Infantil B (0-9) na fase anterior; pola súa banda, o Cadete A tamén tivo un enfrontamento rifadísimo co Pilar, que caeu do lado dos focegos pola mínima (2-3) en semifinais.

Selección Galega
Compatibilizando os compromisos ligueiros, os xogadores da base burelista tamén andan entre idas e vidas da Selección Galega. O xuvenil Hélder Gonçalves participou a fin de semana pasada no Sub-19 de España en Santa Coloma de Gramanet; o cadro irmandiño caeu en semifinais ante Murcia (6-0), subcampioa da cita, tras sucumbir a Cataluña (5-4). A punto de vivir a ilusionante experiencia do Nacional de Seleccións Autónomas están os cadetes burelistas Aarón Fernández e Mamadou Diouf, coas últimas sesións programadas para o xoves 3 e o luns 7, e o infantil Luismi Nieto, que adestrará o venres 4. A localidade cidaderrealeña de Almagro acollerá o campionato de ambas as categorías entre o 11 e o 13 de abril.

TODOS OS RESULTADOS DA FIN DE SEMANA LARANXA:
Fase final comarcal de Deporte Escolar
Burela FS Cadete A 2-3 Colexio do Pilar Cadete

ED Burela FS Infantil A 7-1 EDM Barreiros Infantil

ED Burela FS Infantil B 0-9 ED Lourenzá Mondoñedo Infantil

FINAL: ED Lourenzá Mondoñedo Infantil 3-0 ED Burela FS Infantil A

Liga Provincial Xuvenil
Burela FS 5-1 Cidade de Lugo A

Liga Autonómica Cadete
Burela FS 5-4Concello de Guitiriz

Peña Españolista Sarria 2-10 Burela FS

Liga Autonómica Infantil
Peña Españolista Sarria1 -6 ED Burela FS

Liga Prebenxamín da Mariña
EDM Cervo 5-7 ED Burela FS (Prebenxamín 1)

ED Burela FS 7-3 ACD Xove (Prebenxamín 2)

Amigables
Burela FS Infantil C 7-3 Burela FS Cadete B

Exit mobile version