Site icon Crónica3.com A Mariña

“Érase unha vez” teatro en Alfoz

erase-alfozO grupo de teatro xuvenil “Érase unha vez”, pertencente ó grupo Xoldra de Mondoñedo, visitou Alfoz este sábado 26 de abril, ás 20.00 horas, para ofrecer a súa obra titulada “Mercados revoltos”. Preto de vinte actores moi novos ofreceron un divertido espectáculo no que se reproducía o mercado tradicional que se celebra na praza de Mondoñedo. A obra estivo dirixida por Esther Otero e enmarcouse dentro das celebracións do Día do Libro organizadas pola Delegación de Cultura do concello de Alfoz.

Exit mobile version