Site icon Crónica3.com A Mariña

Festa da Pascua en Trasbar

trasbar_1Organizada pola Asociación de veciños do Burgo de Trasbar, a parroquia cervense acolleu a festa da Pascua este domingo 20 de abril que reuniu a máis de 100 persoas de Trasbar, Burela, A Senra, Castelo ou Celeiro. Despois da misa de Pascua houbo sesión vermú co dúo Agua Marina que deu paso ó xantar. A festa rematou con baile e ovos de Pascua para os nenos. Dende a organización móstranse moi satisfeitos co resultado da xuntanza, xa que “cada ano somos máis e iso para nós é un aliciente para seguir traballando coas mesmas ganas ou, incluso, moito máis animados”.

Exit mobile version