Site icon Crónica3.com A Mariña

Festa da Pascua en Trasbar

A Asociación de veciños do Burgo de Trasbar organiza por terceiro
ano consecutivo a festa da Pascua en Trasbar o domingo 20 de abril no campo da festa de Trasbar. As actividades comezarán ás 11.00 horas cunha misa á que lle seguirá unha sesión vermú e baile posterior ó xantar amenizado polo dúo Agua Marina. O prezo do xantar será de 12 euros para os socios e 15 para os non socios; mentres que os nenos de 2 a 12 anos pagarán 7 euros. O prazo para anotarse remata o 11 de abril e pode realizarse a través do correo electrónico burgodetrasbar@yahoo.es ou nos teléfonos 625 081 637 (Miguel), 687 550 899 (Maricarmen), 626 028 702 (María) ou 615 579 505 (Geni). O campo estará cuberto cunha carpa.

Exit mobile version