Site icon Crónica3.com A Mariña

Fundación Alcoa e Junior Achievement ofrecen o seminario “Habilidades para el Éxito” a estudantes da Mariña

Un total de 228 alumnos de Bachalerato dos institutos de ensinanza superior Illa de Sarón, Marqués de Sargadelos, de Foz, Río Miño, Perdouro e Pinguela participaron no seminario “Habilidades para el Éxito”, patrocinado por Fundación Alcoa e organizado por Fundación Junior Achievement, que se celebrou este mércores, 30 de abril, na Casa da Cultura de San Cibrao.

O director xeral de Alcoa Primario España e da fábrica de Alcoa en San Cibrao, Rubén Bartolomé, e a directora xeral de Fundación Junior Achievement, Blanca Narváez Vega de Seoane inauguraron a xornada que contou ademais coa colaboración de profesionais voluntarios, expertos en formación e selección de persoal de grandes empresas e consultores especializados que compartiron cos mozos a súa experiencia e coñecementos en aspectos clave para o acceso ó mercado laboral e o desenvolvemento dunha carreira profesional; como Aquilino Lousa, da consultoría A&P, que se centrou no liderazgo nas empresas; Pilar Verdeal García, xefa Recursos Humanos da planta de Aluminio de Alcoa, que se referiu ás habilidades que buscan as empresas e o compromiso dos empregados.

Raquel Vázquez Freire, directora da planta de Alúmina de Alcoa San Cibrao clausurou as intervencións dos expertos voluntarios na xornada, terminando cun almorzo nas dependencias dla empresa.

“Habilidades para el Éxito”, é un programa educativo da Fundación Junior Achievement dirixido a mozos de entre 16 e 20 anos que ten como obxectivo ensinarlles as habilidades básicas que necesitarán á hora de enfrentarse ó mercado laboral, ademais de coñecer as experiencias personais de profesionais e expertos.

O seminario é complementario do programa educativo de formación empresarial RetoAlcoa, organizado por Junior Achievement e patrocinado por Fundación Alcoa, no que participaron este ano máis de 700 estudantes de distintas comunidades de España nas que Alcoa está presente. O gañador nacional da edición deste ano de RetoAlcoa, cuxa final celebrouse o pasado 10 de abril en Madrid, foi o equipo “Alediv” do IES Rio Cabe de Lugo, integrado polos estudantes Iván Piñeiro Criado, Alex López López e Eduardo Varela González, que participaron co apoio do seu profesor de Economía, Emilio López Mariño.

Acerca de Junior Achievement
Junior Achievement é a organización educativa privada sen ánimo de lucro máis grande do mundo. Desenvolve programas basados na educación emprendedora en 121 países e en 30 idiomas, beneficiando a más de 10 millóns e medio de mozos cada ano. Junior Achievement traballa en España dende o ano 2001 para potenciar o talento dos mozos e dotalos das habilidades necesarias para lograr unha exitosa transición á emplegabilidade.

Actualmente leva a cabo os seus programas en centros educativos públicos, concertados e privados grazas á colaboración de numerosas empresas e institucións. Durante o curso académico 2012/2013 Junior Achievement España beneficiou a 22.677 alumnos grazas á colaboración de 2.134 voluntarios.

Exit mobile version