Site icon Crónica3.com A Mariña

Fútbol sala laranxa en Nois e Cervo

visita-fondonois-14-1O CD Burela FS Pescados chamou ás portas da Semana Santa con fútbol sala de base visitando os CEIP Fondo Nois e de Cervo hai algúns días.

O luns 7, o colexio de Nois recibiu, como segunda visita laranxa ao centro neste curso, o director da ED Burela FS, Alfonso Mera, e os xogadores Isi, Jozi, Antoñito e o xaponés Shunya Kamifukumoto. O mércores 9, o adestrador de Primeira LNFS, Juanlu, compartiu unha diverstidísima xornada co estudantado de Cervo, acompañado polo gardameta Álex e as xogadoras Peque e Lara.

Os nenos/as de Foz e Covas serán os próximos en gozar da filosofía laranxa a finais de abril, dentro do seu programa de difusión da práctica deportiva saudable e en igualdade entre a xuventude da Mariña; o alumnado beneficiario pode escoller ademais invitacións para presenciar algún partido de Primeira División en Vista Alegre ata finais de tempada.

Exit mobile version