Site icon Crónica3.com A Mariña

Galicia, campioa de España de fútbol sala cadete e infantil

Noraboa aos canteiráns do Burela Pescados Rubén; Aarón, Mamadou e Luismi que se proclamaron Campións de España coa selección galega no Campionato de España celebrado en Almagro (Cidade Real) este fin de semana, organizado pola Confederación Nacional de Fútbol Sala,

Os cadetes Aarón e Mamadou conquistaron o campionato tras impoñerse Galicia ás seleccións de Andalucía (4-1), Valencia (8-0) e Estremadura (3-0). En categoría infantil, Luismi alcanzou o título de campión tras vencer Galicia con autoridade a Valencia (12-2) e Estremadura (13-0), no duelo decisivo a escuadra galega derrotou a Andalucía (4-2) demostrando unha vez máis o poderío da canteira galaica.

Exit mobile version