Site icon Crónica3.com A Mariña

Besteiro expresa a “firme condena e tolerancia cero” á violencia de xénero

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, lamentou este venres a morte dunha veciña de Foz, presuntamente, a mans da súa parella, e trasladou o apoio da institución á familia da vítima. Gómez Besteiro expresou a “firme condena e a tolerancia cero” á violencia de xénero, e avogou pola “unión no rexeitamento ós actos criminais que acaban coa vida de mulleres inocentes”.

Exit mobile version