Site icon Crónica3.com A Mariña

González Barcia asistirá ás finais da Copa Xunta de fútbol sala en Ferrol

Burela, 30 de abril de 2014. O alcalde, José Mª González Barcia, asistirá mañá en Ferrol no pavillón de A Malata ás finais da Copa Xunta de fútbol sala que disputarán os equipos feminino e masculino do Burela FS. A primeira das finais está prevista para as 17 horas (a das rapazas) e a segunda para as 19 horas (a dos rapaces).

O grupo de goberno recoñece o traballo e o esforzo así coma os logros que está a conseguir durante toda a tempada o Burela FS, que culminaron coa consecución da final da Copa Xunta, que disputarán mañá, 1 de maio, os dous equipos.

O rexedor agarda “poder celebrar en Ferrol as victorias do Burela FS masculino e feminino”.

Exit mobile version