Site icon Crónica3.com A Mariña

Inauguración da mostra ‘Coas nosas mans 2013-2014″

expo_palilleirasA exposición “Coas nosas mans 2003-2014”, que inclúe centos de pezas de encaixe elaboradas nos cursos de palillar, tanto nos que organiza o Concello como os que imparten as profesoras Mariluz Méndez e Modesta Lombardero e que foron cedidas con motivo da exposición, foi inaugurada este venres. Nela pódense ver pezas de vestir, complementos ou roupa do fogar tanto para bebés como para nenos e adultos. O horario de visitas é de 9 a 13:30 e de 17 a 20 de luns a venres e os sábados e domingos de 17 a 20 horas ata o 20 de abril. Este sábado 5 de abril con motivo da celebración do XI Encontro de Palilleiras, a mostra terá un horario de 10.30 a 19.00 horas.

Exit mobile version