Site icon Crónica3.com A Mariña

ITV para motocicletas e censo electoral en Ribadeo

O Concello de Ribadeo informa en sendos bandos sobre o servizo de inspección técnica de ciclomotores, motocicletas e quads que estará presente en Ribadeo o 14 e o 15 de maio; e as condicións de consulta do censo electoral. Neste caso, os datos dos votantes poderán consultarse entre o 7 e o 14 de abril no departamento de Estatística da Secretaría do Concello para corrixir posibles erros sobre os nomes das rúas recentemente cambiados, o número dos edificios ou o seccionado do núcleo urbano que afectará ao lugar de votación. Pola súa banda, a cita previa para a inspección dos vehículos especificados poderase obter chamando ó teléfono 902 30 90 00 ou a través da web www.sycitv.com. A Unidade Móbil permanecerá aberta entre as 09.00 e as 13.30 horas e as 15.15 e as 18.00 horas na rúa Clemente Martínez Pasarón (na parte posterior da antiga Estación de Autobuses).

Exit mobile version