
Os 115 nenos e nenas de infantil e primaria do CEIP Cervo participaron este martes na limpeza da praia de Rueta. Foi unha iniciativa da ANPA do CEIP Cervo coa colaboración do Concello a través da iniciativa de Coge 3 apoiada por Sogama no Día Mundial da Terra.