Site icon Crónica3.com A Mariña

Mayra García: “que o SERGAS está dando pasos para implantar a quimioterapia é unha cortina de fume máis”

A MARIÑA, 2 DE ABRIL.- A coordinadora comarcal do PSOE da Mariña –Mayra García- considera que o anuncio do deputado do PP –José Manuel Balseiro-, respecto a que o SERGAS está dando pasos para implantar en Burela o servizo de quimioteramia, “é unha cortina de fume máis”. E é que “o Partido Popular limítase a facer anuncios, pero non cumpre os seus compromisos”. Por este motivo, considera que “o que ten que facer o Sr. Balseiro é conseguir que a Xunta de Galicia faga realidade o que di”, pois este servizo non poderá poñerse en funcionamento se o Goberno galego non executa a ampliación do Hospital e se non o dota de equipamento específico e de persoal cualificado que non existe na actualidade como é caso dun oncólogo.

Trástase, pois, “dun claro caso de oportunismo político”. É dicir, “aproveitando un gran momento de tensión dos usuarios e dos profesionais debido a todos os recortes e privatizacións do PP, anuncian quimioterapia e a hospitalización a domicilio; servizo, este último, que, por certo, é un dereito de todas e todos os mariñanos, e que lle corresponde a este hospital pola súa categoría e pola poboación da comarca”, destaca a socialista.

“Dar marcha atrás”
Asimesmo, reitera a petición realizada polos socialistas e volve a demandar ao Goberno galego que dé marcha atrás na implantación da xestión integrada, pois “estamos a falar de que é unha decisión política, sen consenso, que implica o aumento de desigualdades e que só conduce á privatización”. A este respecto, afirma que “non podemos asistir ás pretensións do Partido Popular para que a Sanidade sexa un privilexio duns poucos, accesible a quen poida costeala, esquecéndose de que é un dereito. Reivindicamos unha Sanidade pública, universal, gratuita e de calidade, esa foi a herdanza que recibiron dos gobernos socialistas”.

Deste xeito, subraia que o dirixentes do PP “intentan enganarnos día tras día, primeiro que non se ía privatizar a bata blanca, que disminúen as listas de espera, que aumentan os servicios sanitarios do hospital… De pouco serve que o señor Balseiro nos amose que o goberno da Xunta está comprometido coa Mariña cando ata en seis veces prometeron a ampliación do hospital e non fixeron nada… Nin tan sequera por manter o que tiñamos”, conclúe.

Exit mobile version