Site icon Crónica3.com A Mariña

Médico cúrate a ti mesmo (Lc 4, 23)

Juan José Rodríguez Sendín, presidente da Organización Médica Colegial (OMC), propuxo a primeiros do mes de Abril sancionar a aqueles cidadans que abusen dos servizos sanitarios. Referíase á xente que acode aos servizos de urxencia sen pasar antes polo seu centro de saúde, non recolle as probas médicas solicitadas, non se retira da lista de espera aínda sendo atendidos ou a duplican en dúas comunidades autónomas para gañar tempo. Todos puidemos ver e padecer como hai xente que acode aos servizos de urxencias, de xeito consciente, por nimiedades ou por non querer esperar a interminable lista de espera que lles corresponde.

Quizá habería que valorar si esta xente ten outros problemas alleos aos médicos, como a soidade, a vellez, o medo, e necesiten que o médico ou calquera outra persoa os rescate deses problemas. Sancionar a estas persoas podería ser unha solución, si o noso único fin do estado é o recaudatorio. Cousa que dubido, posto que actualmente este pais está á vanguardia na atención ao paciente, a pesares de algunos politicos e gracias a outros politicos. O que desde a OMC están pedindo, en resumidas contas, é que a xente se autodiagnostique e valore si debe ir ao médico ou non, so pena de ser sancionado.

Pero, sempre temos un pero, Imaxino que o señor Rodríguez Sendín tamén propoñerá que se sancione aos facultativos que fallen nos seus diagnósticos. Como aquel que asegurou que unha paciente tiña gases e posteriormente tivo que ser intervida de urxencia de peritonitis trala insistencia da nai para levala ao hospital ata en tres ocasiones , ete e un caso real.
Supoño tamen que o mandamais dos medicos pedira sancionar á administración cando dea unha cita urxente para o oncólogo aos dez meses. E cando sexa a propia administración quen atrase unha cita médica. Quizá o señor Rodríguez Sendín non oia falar da frase que dá nome a este artigo e que aparece na Biblia Médico, cúrate a ti mesmo (Lc 4, 23).

Otero Regal

Exit mobile version