Site icon Crónica3.com A Mariña

Mercado de proximidade, este domingo en Cervo

O domingo 27 de abril entre as 10.00 e as 14.00 horas celebrarase unha nova edición do Mercado do Souto. A Asociación de Consumo Ecolóxico Karrikanta maila Asociación Cultural Airiños do Xunco impulsan esta iniciativa conxunta ligada ás tradicións locais, defensa dos pequenos produtores e a agricultura da comarca cada segundo e cuarto domingo do mes. A súa celebración está prevista para o pavillón polideportivo de Cervo ou na Praza do Souto -o seu lugar de orixe- se o tempo o permite.

Exit mobile version