Site icon Crónica3.com A Mariña

Monte celebra as súas patronais o 26 e o 27 de abril

Un ano máis a Comisión de Festas de Monte, formada por membros da Asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as FESTAS PATRONAIS DA PARROQUIA EN HONRA A SAN ISIDORO os vindeiros 26 E 27 de ABRIL, con arranxo ao seguinte programa:

SÁBADO, 26 DE ABRIL:
-13:00 Horas.- Misa Solemne na Igrexa Parroquial e Procesión en Honra a San Isidoro.
-14:00 horas.- Sesión Vermú con “LEMBRANZA”.
-15:00 horas.- Xantar nunha carpa totalmente pechada. Para inscribirse previamente no xantar hai que chamar ao tfno: 646647619.
-17:00 horas.- Verbena con: “LEMBRANZA” e “FENIX”. Para esta verbena, a Comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de baile.

DOMINGO, 27 DE ABRIL:
-10:00 horas.- Ruta de Sendeirismo “Penasagudas á Cruz do Pao da Vella”, organizada pola Asociación Cruz de Loureiro. Para inscribirse previamente na Ruta e para apuntarse ao posterior xantar, hai que chamar ao tfno: 982 16 93 49.
-14:00 horas.- Sesión Vermú con “LEMBRANZA”.
-17:00 horas.- Despois de xantar, baile e verbena con “LEMBRANZA”.

A Comisión de Festas dispón dunha CARPA na cal se realizarán os bailes dos dous dias da festa.

A Comisión quere agradecerlle a tódalas institucións, empresas e particulares que dalgunha maneira axudaron, a súa colaboración coa nosas Festas Patronais.

Exit mobile version