Site icon Crónica3.com A Mariña

NNXX da provincia de Lugo celebrará este sábado o primeiro acto relacionado co 25-M

Lugo 24 de abril de 2014.- O vindeiro sábado, día 26 de abril, a recén creada Escola de Formación Manuel Fraga, nada no seo das Novas Xeracións do PP de Lugo, levará a cabo unha serie de actividades con motivo das próximas eleccións europeas.

Anunciouno esta mañá o secretario xeral provincial de Novas Xeracións de Lugo e da Ecola de Formación Manuel Fraga, Fernando Carreiras, quen explicou que o obxetivo deste acto é “profundizar en Europa, dun xeito especial e en catro temas: proceso de Construcción Europea; Parlamento e Institucións Europeas; Participación Cidadá na Unión Europea e aspectos Económicos da Unión Europea”.

A longo de toda a xornada do sábado, desenvolveranse unha serie de ponencias e coloquios, todas relacionadas coa Unión Europea, e nelas participarán, entre outros, a candidata ao Parlamento Europeo, Carmen Pardo, o presidente do PP de Lugo e voceiro no Senado, José Manuel Barreiro, o presidente de NNXX de Galicia, Diego Gago, ex eurodiputados, así coma personalidades do mundo da ensinanza e do xornalismo.

Foi a Escola de Formación Manuel Fraga, recén creada polos mozos populares lucenses, a encargada de organizar e levar a cabo esta actividade que comezará as 11:00 e rematará as 19:00 horas e que vai dirixida a alcaldes, edís, persoal laboral ou funcionarios das entidades locais, políticos, mozos con inquietudes políticas e calquer cidadán que esté interesado en asistir.

Inaugurarán o acto o voceiro do grupo popular no Concello de Lugo, Jaime Castiñeira Broz, a candidata ao Parlamento Europeo, Carmen Pardo e o presidente do PP de Lugo e voceiro do PP no Senado, José Manuel Barreiro. Clausurarano os presidentes de NNXX de Galicia e Lugo, Diego Gago e Daniel Vega.

Exit mobile version