Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG acusa ao PP laurentino de volver “menosprezar ós emigrantes retornados”

Lourenzá, 26 de abril de 2014. O goberno municipal de Lourenzá menosprezou novamente os dereitos e reclamacións do Colectivo de Emigrantes Retornados da Mariña, posto que dito colectivo presentou unha moción no concello con data dous de xaneiro, e agora case catro meses despois e dous plenos, esta continúa sin entrar na orde do día dos plenos da corporación. Neste senso os nacionalistas laurentinos consideran que a rexedora local, a Señora Emma Álvarez Chao, fixo gala do seu surtido elenco de desculpas para impedir o debate en pleno, ou a confrontación coa veciñanza afectada.

Na opinión dos nacionalistas laurentinos o PP como xa ven sendo habitual no noso concello volta a meter a tesoura para debater só aquelo que lle interesa, empregando novamente rancias tácticas censuradoras máis propias de antigos rexímenes totalitarios. O BNG de Lourenzá cree firmemente que a rexedora laurentina se está a mofar dos afectados cando xustifica, textualmente, que “extraviou a moción” para non debatila no pleno do 21 de febreiro do presente ano, para no mesno pleno comprometerse a debatila no seguinte pleno, será o 29 de abril, para despois, excluila novamente da orde do día. Segundo o portavoz nacionalista, César Docampo: “ Estes feitos poñen de manifesto unha vez máis a falla de ética do PP, que vota A ou B dependendo da institución na que se encontre. E especialmente o PP de Lourenzá que parece disposto a tratar e penalizar como criminais a aqueles que dende o extranxeiro loitaron para levantar Galiza nas peores épocas de escasez, metres que xustifica e impulsa armisticios fiscais para todos aqueles, máis que demostradamente, ricos e poderosos defraudadores fiscais regularizando a súa situación sen penalización ningunha”.

Nun último e desesperado intento por que se impoña o sentido común o grupo municipal do BNG insta ao grupo de goberno do PP de Lourenzá, para que “atenda” a vontade do pobo, pois varios afectados son veciños de Lourenzá, e practique un “saudable exercizo” de democracia, permitindo, cando menos, o debate en pleno da moción presentada polo Colectivo de Emigrantes Retornados da Mariña.

Exit mobile version