Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG condena enerxicamente a violencia machista e lamenta o acontecido no concello de Foz

A Mariña, 25 de abril de 2014. O BNG envía a súa solidariedade e apoio á familia e amizades da muller asasinada en Foz e fai un chamamento á sociedade mariñá a condenar e manifestar publicamente o rexeitamento e tolerancia cero coa violencia machista, o maior síntoma de desigualdade entre mulleres e homes.

“No que vai de ano, a nosa comarca vive por segunda vez o drama da violencia machista con tres mulleres mortas en menos de catro meses. É preciso que poderes públicos e sociedade en xeral manifesten rotundamente a súa condena e que a loita contra a violencia machista sexa considerada asunto prioritario nas axendas políticas, poñendo en marcha medidas para eliminar a discriminación contra as mulleres que, cada vez con maior frecuencia, teñen como dramática consecuencia a morte de mulleres a mans das súas parellas.

Para a formación frontista, “máis aló das mostras de rexeitamento que poida haber en situacións concretas, os poderes públicos deben combater cos medios adecuados a violencia machista; incrementando os recursos materiais e persoais na loita contra a violencia e promovendo a coeducación e a discriminación da vida pública para tentar unha sociedade sen violencia e en igualdade entre homes e mulleres.”

Exit mobile version