Para o BNG, dende fai seis meses, non se ten avanzado nada, nunha solución para o muelle vello. Inciden, na necesidade dun proxecto integral de reforma do peirao, que sexa consensuado entre a Xunta de Galiza e a Corporación Municipal. A zona do muelle, é unha das prioritarias no desenvolvemento de Viveiro, e Portos e a Xunta, coa sua actitude, son un verdadeiro obstáculo para a nosa Cidade. Os nacionalistas, consideran, que esta situación non pode prolongarse no tempo, e precisa dunhas solución inmediata.
Así mesmo, manteñen todos os puntos da reivindicación que realizaron na concentración do mes de novembro; retirada das casetas do porto deportivo e devolución do edificio da garda civil do mar, eliminación do valado exterior do porto deportivo, cumprimento da lei de normalización lingüística, dragado dos accesos ao porto e normalización das relacións entre o Concello de Viveiro e Portos de Galiza.
A campaña, pretende recoller o maior número de sinaturas posible, durará ata o verán e terá puntos de recollida de sinaturas nos comercios da localidade.