Site icon Crónica3.com A Mariña

O BOP publicou este luns as ordenanzas urbanísticas do PXOM de Burela

Burela, 14 de abril de 2014. O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as ordenanzas urbanísticas contempladas no PXOM de Burela. O alcalde, José Mª González Barcia, sinala que nuns días estarán colgadas na páxina web do Concello.

O rexedor dixo que “tal e como tíñamos previsto, no Boletín Oficial da Provincia de este luns, 14 de abril, publícanse as ordenanzas urbanísticas contempladas no plan xeral de ordenación municipal do noso concello, que, como se sabe, foi aprobado definitivamente pola Xunta de Galicia a principios do presente mes. Deste xeito culmina todo o procedemento administrativo dende que se empezou a redactar o plan, pasando polas diferentes aprobacións ata o día de hoxe, cando con este acto administrativo, o da publicación das ordenanzas e das demais disposicións que o plan xeral contempla, queda xa definitivamente rematado”.

González Barcia lembrou que “foron dous anos e un mes, dende que se aprobou o plan inicialmente ata que se aprobou definitivamente, de moitísimo traballo, de moitas entrevistas e reunións, pero eu entendo que é positivo polo que representa que Burela conte cun documento que, dende o punto de vista do equipo de goberno, senta as bases para un desenvolvemento sostido e harmónico de cara ao futuro do noso concello e, ao mesmo tempo, dá absoluta seguridade xurídica”.

Nos próximos días esas ordenanzas estarán colgadas na páxina web do Concello.

Exit mobile version