Site icon Crónica3.com A Mariña

O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro acolle unha exposición con motivo do Día Internacional do Libro

Barreiros, 22 de abril de 2014. A biblioteca pública municipal do Concello de Barreiros organiza unha exposición con motivo da celebración do día internacional do libro. A mostra denomínase “As novidades e os libros máis lidos da biblioteca” e poderase visitar desde este mércores 23 de abril, ata o día 30 do presente mes en horario de 10 a 14 horas e de 17 a 19 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.Esta actividade está enmarcada na programación Abril, mes dos libros.

A través de Cultura no camiño 2014, da Xunta de Galicia, chegará a Barreiros a actuación de Chrystyan Magic, que porá en escena un espectáculo baseado no libro Atrapado na torre. Será o vindeiro domingo, 27 de abril, ás 19 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Aquelas persoas que acudan á representación poderán aproveitar para visitar a exposición do día do libro.

Exit mobile version