Site icon Crónica3.com A Mariña

O chef laurentino Iago Castrillón reuniuse cos hostaleiros e cociñeiros dos locais participantes no Ribadeo de Tapeo do 10 ó 18 de maio

210414 Foto Iago Castrillon en RibadeoRibadeo, 21 de abril de 2014. O coñecido chef laurentino Iago Castrillón pasou este luns en Ribadeo. No restaurante San Miguel mantivo un encontro cos hostaleiros e cociñeiros dos locais que participarán na nova edición do Ribadeo de tapeo do 10 ao 18 de maio.

Iago Castrillón, cociñeiro revelación do Madrid Fusión 2013, propietario e cociñeiro do restaurante Acio, en Santiago de Compostela, intercambiou opinións e visións cos cociñeiros ribadenses que durante todo o día quixeron entrevistarse con el. “Algúns xa ían con preguntas e dúbidas sobre as súas tapas. Consideramos que o encontro foi positivo, xa que pode axudar a mellorar a elaboración desas preparacións. Cando un lle comenta as súas ideas a unha persoa da profesión, pero allea ao seu local e ao seu entorno, sempre poden xurdir cousas novas e interesantes”, sinalan desde a Área de Desenvolvemento Local e Turismo de Ribadeo. E engaden que “o que perseguimos con esta visita de Iago Castrillón foi unha colaboración cos participantes no Ribadeo de tapeo, sen cuestionar a profesionalidade de ninguén, para tentar mellorar o consumo e o referente neste concurso gastronómico”.

O Concello agradécelle a Iago Castrillón “a súa visita a Ribadeo e o traballo realizado coa nosa hostalería durante a xornada de hoxe co fin de que este concurso gastronómico, que xa está consolidado, siga a perfeccionarse cada ano un pouco máis”.

Medio centenar de locais comerciais se inscribiron para participar no Ribadeo de tapeo do 10 ao 18 de maio.

Exit mobile version