Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova proxección do ciclo Cinensino no Teatro de Ribadeo

Ribadeo, 24 de abril de 2014. Este venres terá lugar unha nova proxección do ciclo Cinensino. Será ás 11 no Cine Teatro. O filme que verán os alumnos e alumnas de 5º e 6º de EPO do CEIP Gregorio Sanz será Los Croods. Segundo explica Mónica Fernández Lamparte, responsable do programa de prevención de drogodependencias e outros trastornos aditivos do Concello de Ribadeo, “nas semanas seguintes traballaremos con este alumnado, como sempre, a unidade didáctica correspondente á película. Será un traballo na aula, tal e como aconteceu coas anteriores proxeccións. A que veremos mañá será a terceira película deste ciclo”. Este venres acudirán ao Cine Teatro 110 alumnos e alumnas, 5 titoras, o departamento de orientación e outros mestres/as.

Exit mobile version