Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello burelés tramita ata o 10 de maio as solicitudes para participar no programa de ‘Benestar en Balnearios’ da Xunta

Burela, 22 de abril de 2014. A Concellería de Servizos Sociais informa que o prazo do Programa de Benestar en Balnearios (anteriormente Turismo Social) da Xunta de Galicia dirixido ás persoas maiores permanece aberto ata o 10 de maio.

Os requisitos que deben reunir @s interesad@s en participar son os seguintes: a) ser maior de 65 anos ou maior de 60 reunindo a condición de pensionista; b) residir na Comunidade Autónoma de Galicia; c) valerse por sí mesmo, atoparse en condicións de asistir ó Programa e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa; d) non padecer trastornos mentais ou conductuais que poidan altera-la convivencia durante o transcurso da quenda; e) e precisar os tratamentos balneoterapéuticos solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.

Desde a Concellería de Servizos Sociais engaden que “así mesmo, poderán ser beneficiarios das prazas os cónxuxes ou os que acrediten relación análoga a conxugal dos que cumpran os requisitos anteriores, sempre que reúnan as condicións dos apartados b), c), d), e)”.

As persoas solicitantes poden pedir balnearios de calquera provincia, sendo o desprazamento por conta dos beneficiarios. Ademais terán que presentar a solicitude dentro do prazo establecido e acadar a puntuación que lle permita.

No caso de que dúas persoas queiran acudir xuntas ao mesmo destino e quenda, presentarán unha única solicitude, para a súa baremación conxunta.
Os prezos inclúen, aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións de uso compartido durante 10 días e 9 noites.

Para máis información e entrega de documentación e solicitude, deberán dirixirse ós Servizos Sociais do Concello de Burela, de 8 a 15 horas.

Exit mobile version