Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela tramita as axudas da Xunta ó emprendedor/a para emigrantes retornados ata o 30 de setembro

Burela, 15 de abril de 2014. O Concello de Burela tramita as axudas ao emprendedor/a para emigrantes retornados. Os interesados poden recibir información e asesoramento sobre ditas axudas de luns a venres de 8 a 15 horas, tanto no servizo de atencións a inmigrantes e a emigrantes retornados como no propio servizo de emprego municipal, a través da bolsa de emprego.

Desde a Concellería de Servizos Sociais lembran que “no ano 2013 a Secretaría Xeral de Emigración puxo en marcha unha medida de apoio aos galegos e galegas residentes no exterior co fin de favorecer o seu retorno a Galicia de modo que puidesen fixar aquí a súa residencia e realizar a súa actividade profesional e empresarial nesta comunidade autónoma”. Agora dando continuidade a esa iniciativa, con data de 26 de febreiro de 2014, no DOG publicouse a resolución pola que se aproban as bases reguladoras destas subvencións destinadas a promover o autoemprego e a actividade emprendedora deste colectivo.

O prazo de presentación de solicitudes para acollerse a estas subvencións da Secretaría Xeral da Emigración para emigrantes retornados emprendedores estará aberto ata o vindeiro 30 de setembro.

Exit mobile version