Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo planta árbores autóctonas no monte comunal de Lieiro

plantacion_lieiroCervo, 1 de abril de 2014- O Concello de Cervo continúa estendendo o seu proxecto de recuperación do bosque autóctono tanto nas parcelas municipais como nos montes comunais. Neste caso, hai uns días, a administración local realizou unha pequena plantación de árbores en terreos comunais de Lieiro.

En concreto, a actuación tivo lugar na área recreativa co obxectivo de crear unha zona de descanso e lecer atractiva con especies autóctonas. Uns terreos nos que hai preto dun ano o Concello xa apoiara unha plantación entre as mesas do merendeiro para conseguir un pequeno bosque de sombra.

Unha actuación que se suma ás plantacións que o Concello de Cervo ten impulsado en diferentes terreos do municipio. Un exemplo importante é o monte público Escarabelada, situado no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, onde se realizaron múltiples tarefas de reforestación. Pero o Concello tamén está traballando e colaborando coas asociacións de montes comunais, tanto a da Bidueira como a de Lieiro.

Cabe lembrar que ademais de realizar as plantacións, o departamento de Medio Ambiente que dirixe Begoña Alonso realiza tarefas de mantemento e de reposición daquelas plantas que non prenden, substituíndoas por outras novas.

“Nuestro objetivo es implantar el bosque autóctono y conseguir una masa vegetal con especies propias de la Mariña para que las siguientes generaciones puedan disfrutar del paisaje tradicional” explica Alonso.

Exit mobile version