Site icon Crónica3.com A Mariña

O CSI-F pide á nova presidenta de Alcoa en España que solicite inversións “estancadas dende fai anos”

A nova presidenta de Alcoa en España, Rosa García, foi presentada esta tarde ó Comité de Empresa de San Cibrao.

Nese contexto, o CSI-F aproveitou para recordarlle que “dende o inicio desta fábrica se estaba reclamando a necesidade de que o ferrocarril tivera un ramal dentro da fábrica de San Cibrao para facilitar a saída do aluminio á planta de Bilbao”. Nese senso recorda José Manuel Piñar que “aínda non temos nada, mentras que en Asturias un acordo político permitiu construílo para a fábrica de papel de Navia”.

Pero, continúa apuntando que “a maior urxencia é o acondicionamento da prolongación do actual muelle dentro da fábrica que permita poder atender dous barcos de gran tonelaxe ó mesmo tempo e que actualmente está impidindo aumentar a produccion da planta de Alumina e, sobre todo, o evitar ter stock de material como prentende a dirección e que provocou grandes custes por demoras dos barcos en espera dun muelle de atraque”.

“Estes dous puntos, xunto a outras reclamacións antigas -coma a vía rápida de conexión á fábrica e rematar o dique norte, ambas moi utilizadas polos políticos en época electoral- están deixando á Mariña ante un escuro futuro para as próximas xeracións”, consideran dende o CSI-F. Nese sentido, argumentan que “nos estamos acostumando á actual situación e isto está cambiando rapidamente pois se ALCOA non ten unhas condicións básicas que lle permitan competir adecuadamente entón sinxelamente pechará”, aseguran. E como exemplo poñen “o recente peche de tres das súas fábricas en Australia, dúas en Brasil e a actual venda das fábricas de Amorebienta e Alicante”.

Polo tanto, José Manuel Piñar cre que “debemos pedir a ALCOA inversións, pero tamén temos a obriga de aportar boas estradas e portos”. Na inversión do gas temos o exemplo de como se pode labrar o futuro, pero aínda a Mariña ten moito retraso noutras inversións”, afirma.

Exit mobile version