Site icon Crónica3.com A Mariña

O ex alcalde de Foz, Pepe Rivera, responderá en xuízo unha acusación de delitos electorais

José Maria García Rivera terá que responder como acusado nun xuízo a celebrar na cidade de Lugo. Despois de case 4 anos terá que responder por unha acusación de “delitos electorais” por falar en público no barrio de Marzán de Foz, concretamente no local denominado a “Antigua Báscula”, coincidindo coas eleccións municipais de 2011.

Segundo Rivera “a denuncia mediática foi realizada por Jaime Cancio e recollida polos xornais da comarca da Mariña onde se explicaba que dende o PSOE deramos actos electorais onde non se podían dar debido a que non estaban autorizados pola Xunta Electoral”.

Nese sentido, Rivera defende que “foron reunións cos veciños como se fixeron sempre, incluso Jaime Cancio cando estaba no PSOE leva acudido a ese lugar comigo un sinfín de veces. A maiores tamén fomos ó mercado, ó Obispo Santo, a Hoteis e outros lugares a reunións con colectivos, pero todos os partidos e nunca pasou nada”. A maiores Rivera di que “despois disto o actual alcalde de Foz, falou en Marzán tamén nese mesmo lugar para os veciños, nas eleccións autonómicas, e do mesmo xeito que o fixemos nós, e non vimos a ninguén poñer ningunha denuncia”.

“O noso acto electoral calificado como “mitin”, tamén se fixo no barrio de Marzán, pero na “Sala Bahía”, onde o comité de campaña do Partido Socialista tiña a correspondente autorización da Xunta Electoral de zona”, asegura Rivera.

Finalmente manifesta que “se debe respetar a Xustiza como se merece, e dende logo pola miña parte aceptarei o que dicte o órgano judicial; pero o meu acto foi informar e recoller suxerencias dos veciños para en caso de resultar elixidos intentar poñelas en práctica. Así mesmo non logro entender a raíz da denuncia, aínda que o transfondo da mesma é claro”.

Foz a 16 de Abril de 2014.- Fdo.José Maria Garcia Rivera.

Exit mobile version