Site icon Crónica3.com A Mariña

O GPP pide no Pleno da Deputación que se manteña a actividade xudicial en todas as sedes existentes na provincia

Lugo 23 de abril de 2014.- O Grupo Provincial do Partido Popular buscará no próximo pleno da Deputación un acordo unánime da corporación dirixido a solicitarlle ao Goberno central que blinde e manteña a actividade xudicial nas sedes que existen na actualidade nos concellos de Mondoñedo, Chantada, Lugo, Vilalba, Monforte de Lemos, Viveiro, Sarria, Fonsagrada e Becerreá.

En concreto, a proposta de acordo dos populares insta ao Goberno central para que a reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial garanta a continuidade da actividade xudicial nos distintos concellos onde radican as sedes dos actuais partidos xudiciais, isto é, incorpore distintos aspectos que resulten beneficiosos para a provincia

Os populares son conscientes das demandas dos veciños e da repercusión económica que implica a existencia e continuidade das sedes xudiciais nas localidades onde radican. Este feito levou ao Grupo Provincial do Partido a presentar esta proposta de acordo na Deputación de Lugo que será trasladada ao Goberno central, co obxecto de contribuír a enriquecer o contido deste anteproxecto que, neste momento, atópase nunha fase completamente inicial, aberto a melloras.

Atender ás pecularidades da provincia
De igual maneira, dende o Grupo Provincial do Partido Popular consideran necesario que o anteproxecto de Lei debe adaptarse na configuración das demarcacións xudiciais ás pecularidades e especidades propias de Galicia e, moi en concreto, da provincia de Lugo.

Polo que a maiores, os populares propoñen instar ao Goberno central a que nos criterios que definan a futura planta xudicial poidan terse en conta as característicias socioeconómicas, xeográficas, poboacionais e as distintas redes de comunicación existentes na provincia.

Deste xeito, os populares erixense defensores dos intereses dos lucenses e poñen en valor as peculiariedades propias dunha provincia caracterizada pola dispersión xeográfica, o envellecemento poboacional e que dispón de condicionantes orográficos que dificultan en moitos casos os desprazamentos á capital da provincia.

Exit mobile version