Site icon Crónica3.com A Mariña

O Mesón faise co partido ante o Joyeros nun dos duelos da zona alta da Liga de Veteranos de Viveiro

O Mesón gaña ó Joyeros nun dos partidos da zona alta. O terceiro clasificado marca así as distancias co seu inmediato perseguidor ó que lle gañou na xornada 21 por 3 goles a 0.

Pola súa banda, o quinto clasificado – Cofipesca- caeu ante O Recuncho – segundo na táboa e forte nos últimos partidos- por 10 a 2.

Do mesmo xeito, o líder indiscutible -con 61 dos 63 puntos posibles- non perdoou ante o Flanagas. Flanagans 2- 5 Gato Pardo.

No resto dos partidos da xornada os resultados foron os seguintes:
A Fonte 3 -0 Temple
Forum 7-3 Soho
A Curva 2 – 0 Os Arcos
Lodeiro 1 – 7 Punto Galego

E a vindeira xornada será a quenda dos encontros entre:
Punto Galego – Soho: luns 7 de abril ás 20.30 horas
Os Arcos – Lodeiro: luns 7 de abril ás 21.15 horas
Flanagans – Forum: luns 7 de abril ás 22.00 horas

Cofipesca – O Mesón: luns 14 de abril ás 20.30 horas
Temple – A Curva: luns 14 de abril ás 21.15 horas
Joyeros – A Fonte: luns 14 de abril ás 22.00 horas
Gato Pardo – O Recuncho: luns 14 de abril ás 22.45 horas.

Exit mobile version