Site icon Crónica3.com A Mariña

O portavoz de Unifoz, Jaime Cancio, conta co apoio “unánime” da formación

“Ante as declaracións feitas polo Sr Alcalde, con respecto a iniciativa que UNIFOZ lle plantea ao PSOE de Foz, de liderar unha proposta de uns presupostos participativos, UNIFOZ quere manifestar o seguinte:

Que Jaime Cancio como portavoz de UNIFOZ, conta con apoio UNANIME de UNIFOZ.

TODAS as propostas, mocións, notas de prensas, son consensuadas con todo o grupo antes da súa presentación.

É totalmente falso que Jaime Cancio, traizoara a UNIFOZ.

Estamos seguro que o sr Castiñeira, non presentará os orzamentos, pois legalmente xa tiña que facelo no mes de decembro, como marca a lei,pero prefire seguir cos prorrogados, que lle posibilitan seguir gastando case que 100.000 e en festas.

UNIFOZ, tamén quere informar aos veciños, que o Sr castiñeira, non trata por igual a todas as empresas que facturan ao Concello, pois en algún caso a unha empresa que fai obras para este Concello sen necesidade de oferta previa, buscouselle acomodo e mesmo modificación de crédito para que as facturas non quedaran fóra de contabilidade.

Parécenos pouco serio que o Sr Alcalde siga falando do tema da depuradora, despois do que pasou no último pleno onde se tratou este tema, onde tiña o apoio do grupo municipal do PSOE, para tomar unha decisión e volveuse atrás do que dixera días pasados… Todo da a entender que ao Sr Alcalde non lle interesa tomar a decisión neste
tema, e so quere chegar as eleccións de vítima para xustificarse, como fará coa súa promesa de aquel famoso porto que prometeu nas eleccións, onde mesmo puxeran unha caseta de información no porto de Foz para enganar aos veciños, xunto cun vídeo virtual do porto.

Ao desaparecido grupo de desgoberno do PP de Foz, esgótaselle o tempo, e pasarán a historia por ser o goberno máis desastroso na historia do noso pobo, un goberno, incapacitado para gobernar, pola falla de organización, falta de coidado do pobo, falta de iniciativa, e polo seu desplante, mentira e engano”, afirma Ana María López, presidente de UNIFOZ.

Exit mobile version