Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP asegura que “a Deputación adebeda aos concellos máis de 5,4 millóns do SAF durante 2012 e 2013”

Lugo, 1 de abril de 2014.- A Deputación Provincial de Lugo adebeda durante 2012 e 2013 aos concellos máis de 5,4 millóns do Servizo de Axuda no Fogar, unha cifra, que de cumprirse as previsións, poderá incluso chegar a superar tras 2014 os 10 millóns de euros. Deste xeito, os populares denunciaron estes datos durante a sesión plenaria celebrada este martes.

Contía insuficiente
Dende o GPP explicaron que a contía que se consigna durante esta anualidade maniféstase de novo insuficiente para garantir a prestación de servizos sociais na provincia e non garante que a Deputación cumpra co mínimo competencial que se regula na norma en vigor, o decreto 99/2012 de 16 de marzo.

“É de todos sabidos que por parte do Grupo Provincial vimos facendo reivindicacións constantes para que a Deputación cumpra co decreto, e tendo en conta que durante 2014, estímase que quede ao descuberto o 83% do servizo”, matizou Candia, os populares pediron a rectificación da Deputación.

O voto en contra á iniciativa popular reafirma a Besteiro na política da “insensibilidade” ante os maiores, tal e como vén a demostrar nos últimos anos que “incluso en 2011 deixou sen gastar a partida de Benestar”.

Negativa ao fomento do emprego feminino
Os populares conscientes de que a decisión da Deputación de non garantir o SAF, repercute de forma negativa na muller que son as que en altas porcentaxes solicitan excedencias para o coidado dos maiores, tamén pediron a involucración da Deputación en políticas de fomento do emprendemento feminino.

O voto en contra a esta proposta amosa que os feitos promovidos por Besteiro non respaldan as súas declaracións, “ao non apostar nin polos maiores, nin pola muller”, ás que na última anualidade reduciu nun 41,67% a partida a Igualdade.

Exit mobile version