Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Riotorto denuncia que o alcalde desaproveitase a oportunidade de vender en positivo a Feira da Artesanía do Ferro e no seu lugar optase por dar un mitin político

Riotorto 13 de abril de 2014. O Partido Popular de Riotorto denuncia que, este domingo, durante o discurso de inauguración da Feira da Artesanía do Ferro, o alcalde da localidade, Federico Gutiérrez Estoa, desaproveitase a oportunidade de vender en positivo este encontro e “no seu lugar optase por dar un mitin político, centrado en criticar ás administracións onde non gobernan”

Os populares critican que se dese un mitin político no lugar dun discurso institucional ao considerar improcedente o contexto no que se estaba a desenvolver e tendo en conta a maiores “que atopámonos nun momento de precampaña electoral”.

Polo tanto, dende o PP local lamentan, “a incapacidade que manifestou Gutiérrez Estoa para darse conta do que correspondía e reproban, unha vez máis, a confusión do nacionalista entre o institucional e o partidista”

Malestar dos veciños
Os populares explican a maiores que esta circunstancia chegou a provocar malestar nos asistentes á Feira, que unha vez máis viron como o rexedor “estaba a antepoñer os intereses partidistas aos veciñais, ao desaproveitar a oportunidade tanto de poñer en valor a Feira da Artesanía do Ferro como de promocionar os postos e os produtos protagonistas deste encontro”

Servizos Sociais
Os populares tamén se amosan críticos coa dobre moral do nacionalista, quen se referiu aos servizos sociais no seu discurso, pero, sen explicar aos veciños os motivos que o levaron a renunciar a unha residencia de maiores para a localidade.

“O rexedor é o principal culpable de que se perdese o centro previsto para Riotorto e que este vaia a parar a outro municipio”, matizan dende o PP, e recordan que, en pasadas anualidades da Feira da Artesanía do Ferro, o mesmo Gutiérrez Estoa “anunciara en público, e no mesmo contexto do discurso de inauguración deste encontro, a compra dos terreos sobre os que se levantaría a residencia”.

Exit mobile version