Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS, ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:
1º) Existen varios terrazos rotos e outros que faltan nas aceras da Ponte da Misericordia, o que resulta perigoso para os viandantes, polo que ROGAMOS ó equipo de Goberno que se realicen os traballos necesarios para a súa reposición
2º ) En distintas parroquias e barrios do Concello ( Covas ,Escourido , Pallaregas , a Parrela, A Rega , Celeiro , Galdo , Vieiro , Camiño Vello de Viveiro , Ameixoa e Camiño de Costeira en Area) encontramos pistas e estradas con moitas fochancas desnde fai xa algún tempo, polo que ROGAMOS ó equipo de Goberno que proceda o seu asfaltado a maior brevidade posible para dar solución a esta situación.
4º) Algúns veciños da Rúa Grande de Celeiro teñense dirixido o noso grupo, para manifestarnos os inconvintes que lles provoca no seu día a día, o feito de que se aparque indiscriminadamente nesta rúa, en especial no tramo que vai dende a igrexa hacia a praia. Mesmo algún deles se ten dirixido ó Concelleiro de Seguridade Cidadá comunicándolle esta incómoda situación, sin que ata o momento se teña producido resposta algunha por parte do Concello en aras de dar solución a esta problemática. Por este motivo, ROGAMOS á Alcadesa que se adopten as medidas necesarias para que esta situación non se repita e os veciños desta zona poidan acceder con normalidade as súas casas.
5ª) Veciños da parroquia de Galdo dirixironse o noso grupo para informarnos de que teñen solicitado en numerosas ocasións, que se lles puxeran contenedores de vidrio e de papel na Feira de Galdo, preto de onde de atopa o bar. Como queira que a día de hoxe non se lles deu resposta a esa solicitude e polo que ROGAMOS á Alcadesa que atenda esta petición e coloque os mencionados contenedores nesa zona.