Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP denuncia que Suárez Barcia discrimina varias rúas do Concello tras non comezar o seu arranxo

estradas-ribadeoRibadeo, 2 de abril de 2014. O presidente do Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad, denunciou este mércores que o rexedor, Fernando Suárez Barcia, está a discriminar varias rúas do Concello posto que necesitan dun arranxo urxente e sen embargo non comezou a amañalas.

Neste senso, o popular criticou que a Avenida Rafael Fernández Cardoso e a Rúa Sor Pilar de León, ámbalas dúas, unidas pola Rúa Carlos III, presentan un pavimento lamentable, algo polo que os populares presentaron na pasada sesión plenaria un rogo para que o rexedor as reparase.

“Cabe lembrar que a Rúa Sor Pilar de León está ubicada detrás do colexio concertado das monxas e o feito de que se atope nestas condicións terceiromundistas é moi grave, xa que estamos a falar dun vial que é moi transitado e que atópase unha escola e ao longo do día pasan vehículos”.

Criticou o popular que o rexedor comprometeuse a solventar esta problemática pero comezou a reparar outras zonas do Concello e estas, que están nunha situación deplorable, deixounas marxinadas.

O presidente do PP en Ribadeo engadiu que, ante esta situación lamentable na que se atopa esta zona da vila, Suárez debe actuar, para o que non fai falla investir moito diñeiro, pois chega con tapar as fochancas, que cada vez son maiores”.

López Penabad instou ao rexedor a que deixe de pedir e mire para o seu concello posto que está continuamente reclamando a Fomento o arranxo da A- 8 e sen embargo as rúas municipais están en situación terceiromundista.

Rematou o popular urxindo ao rexedor a que cumpra co dito no pleno e arranxe inmediatamente estas rúas que son moi transitadas, atópanse en estado lamentable e dificultan a circulación de todos aqueles cidadáns que fan uso das mesmas.

Exit mobile version