Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG-PSOE de Foz convida aos veciños a celebrar a festa do primeiro de maio

Os Socialistas de Foz conmemoramos a festividade do 1º de Maio con un xantar na área recreativa do Bispo Santo, unha tradicional celebración que este ano alcanza xa a súa XXVIII edición.

Este primeiro de maio de 2014 atravesamos uns momentos especialmente difíciles, con unha altísima taxa de paro, cos nosos fillos obrigados a emigrar para gañarse a vida, onde a baixada de salarios, a perda poder adquisitivo e o desmantelamento do estado de benestar tal e como o coñecíamos ata a chegada da dereita, están á orde do día e nos afectan a grande maioría dos cidadáns.

Pero este primeiro de maio atopámonos, tamén, á porta das eleccións europeas, que teñen que ser una oportunidade para parar os pés á dereita. Para dicir SI a unha alternativa con sensibilidade social, como é a do PSOE e dicir NON á insolidariedade desa dereita que nos goberna máis preocupada polo déficit e polo recorte de dereitos, que polo benestar e igualdade das persoas.

Invitamos a todos os veciños, amigos, afiliados ou simpatizantes que queiran asistir ao seguinte programa de actos:
• 13:00 h:-Recepción dos asistentes.
• 14:00 h:-Comida.
• Discursos: contaremos coa presencia de importantes compañeiros do partido

Degustando un menú composto de:

• Empanada, calamares e lagostinos.
• Lacón asado con guarnición.
• Sobremesa: Milfollas.
• Viño, refrescos. Café e licores variados.

O prezo por persoa será de 12 € adultos, gratuíto para nenos menores de 4 anos e de 6 € para nenos de 5 a 12 anos .

Os que queiran asistir teñen que anotarse antes do domingo 27 de Abril, chamando ao teléfono: 667 052 058 ou 982 140 261.

Exit mobile version