Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE da Mariña subliña que a grave situación de Sargadelos demostra que “as xestións do PP tan só serviron para a foto”

A MARIÑA, 8 DE ABRIL.- Os socialistas de A Mariña lamentan que a Xunta de Galicia –administración coas competencias en materia de industria e de traballo- “non fose quen” de buscar unha solución para evitar que Sargadelos entrase en concurso de acreedores. Neste senso, piden que os diferentes responsables do Partido Popular, e que ademais ocupan distintos cargos en diversos organismos e administración públicas, como son o deputado autonómico e primeiro Tenente Alcalde de Cervo –José Manuel Balseiro- e o Alcalde deste municipio e vicepresidente da FEGAMP –Alfonso Villares-, dén explicacións públicas de cal fai a xestión levada a cabo polo Goberno galego ao respecto, “pois a conclusión que sacamos é que as reunións mantidas tan só serviron para unha cousa: a foto do día de seguinte. Pensa o Partido Popular que con isto xustifica a súa obriga de manter este emblema galego que, ademais, xa tiña iniciado o expediente para ser declarado Ben de Interese Cultural?”, pregúntase Lara Méndez.

Deste xeito, a socialista inciden na eficacia da responsabilidade adquirida, en diversas ocasións, polos dirixentes da Xunta e do PP da Mariña. “O que non podemos permitir é que isto pase sen pena nin gloria, pois ben que se encargaron de publicitar as reunións que mantiveron co comité de empresa … Balseiro e Villares teñen que aclararnos a todos os mariñanos a onde foron parar os cartos investidos. Todos sabemos que a Xunta, a través do IGAPE, acudiu en rescate do grupo cun préstamo participativo por valor de 600.000 euros. Resulta incomprensible que estes cartos que o Goberno de Feijóo inxectou directamente non servisen para evitar este proceso”, afirma Méndez.

“A marca de calidade de Galicia”
Dada a crítica situación pola que atravesa a factoría, a voceira municipal do PSOE cervense considera “lamentable” que o Executivo autonómico “non emprendese ningunha medida para evitala, xa que non se trata dunha empresa calquera senón que estamos a falar do símbolo económico e cultural por excelencia da provincia e de Galicia. É máis, case me atrevería a dicir que é unha das marcas de calidade da nosa Comunidade de cara ao resto de España. É unha mágoa que así defenda o noso patrimonio cultural a Xunta de Galicia”, concluíu.

Exit mobile version