Site icon Crónica3.com A Mariña

O San Miguel de Ribadeo na reunión anual da asociación Amigos da Cociña Galega

080414 FOTO SAN MIGUEL EN AMIGOS DA COCIÑA GALEGAO cociñeiro e copropietario do restaurante San Miguel, de Ribadeo, José Ramón Rodríguez, participa por primeira vez na reunión anual da asociación Amigos da Cociña Galega, que se celebra na Costa da Morte desde este luns ata o mércores 9 de abril. O restaurante San Miguel integrouse recentemente neste colectivo do que forman parte unha vintena de destacados establecementos de Galicia, Barcelona, Madrid, Valencia e Porto Rico. A asociación Amigos da Cociña Galega fundouse no 1982 e actualmente está presidida polo prestixioso cociñeiro Pepe Solla, de Poio (Pontevedra).

Exit mobile version