Como non podían eliminalas, comezaron a recortalas cada ano un pouco máis ata chegados o último dos cinco anos, que aínda se veu de resolver recentemente, no que o 75% das solicitudes que cumpriron cos requisitos quedaron fora das axudas. Despois das mobilizacións e dos recursos presentados por FRUGA despois dunha resolución chea de irregularidades, a Xunta publicou unha modificación, pero sen poñer un peso máis, polo que practicamente as mesmas explotacións, máis de 600, e que cumpriron co pactado, seguiron na lista das denegacións. En vista disto, hoxe, o sector de vacún de carne, volveu a Lugo a mostrar a súa indignación á porta da delegación da Xunta de Galiza, onde centos de gandeiros/as afectados protestaron por algo que é claramente inxusto e discriminatorio. Ata a propia delegada territorial, Raquel Arias puido comprobar, xa que cando pasou por diante da concentración foi preguntada pola multitude sobre o porqué deste abuso, aínda así, non se dignou a recibir unha representación de damnificados.
Despois desta última modificación desta axudas, desde FRUGA puxemos novamente a disposición dos/as interesados/as un novo recurso con alegacións e tamén volvemos protestar a Lugo como medida de presión, e así vamos continuar ata que todos os expedientes que cumpriron cos compromisos sexan aprobados e todas as granxas reciban os cartos que lles pertencen. Do mesmo xeito agotaremos a vía administrativa e incluso non descartamos acudir ao contencioso en defensa do que é, a todas luces, xusto.
FRUGA continuará loitando para facerlle ver ao Sr. Núñez Feijoo, á conselleira do Medio Rural, á delegada territorial e a que faga falta que o sector da vacún de carne merece un respecto. A excusa de que a Xunta non ten cartos non é crible, se se gastaron máis de nove millóns de euros no proxecto fracasado de Alimentos Lácteos, cómo pode ser que non haxa unha cantidade moito menor para manter un sector como o da carne que mantén a 9.000 familias galegas e que é practicamente a única actividade económica en moitas comarcas do País?